Psiquiatría e saúde mental

Cando falamos de psiquiatría o primeiro que se nos pode vir á cabeza é o termo saúde mental.

A saúde mental foi definida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como “un estado de benestar no cal o individuo é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución á súa comunidade”.

Así mesmo, a Declaración Europea da Saúde Mental, entre as súas prioridades cita a de “concienciar da importancia do benestar mental” xa que “(…) non hai saúde sen saúde mental”.

Polo tanto temos que aquela persoa á cal non lle poidamos atribuir estas definicións probablemente padeza unha enfermidade ou trastorno mental, o que deriva que no ámbito legal e concretamente penitenciario, precisará un tratamento que se axuste ás concretas necesidades destas persoas.

Enaxenación mental na LACrim

Na actual Lei de Axuízamento Criminal (LACrim) a enaxenación mental aparece recollida no artigo 381 que será de aplicación cando se saiba da existencia da enfermidade mental durante o proceso, e aplicarase o artigo 60 do Código Penal (CP) se dita anomalía se encontra despois de ditarse sentenza firme ou incluso cando o reo se atopa cumprindo condea.

Nembargantes, a enaxenación como causa eximente da responsabilidade aparece xa recollida nos Códigos Penais de 1822 (art. 26), 1848 (art. 8.1) e de 1870 (art. 8.1).

A pesar de estar xa nos códigos de antaño, o sistema penitenciario español caracterizouse sempre polo desinterese administrativo da existencia de establecementos propios para reclusos con enfermidades mentais.

Non será ata a promulgación da Lei Orgánica 1/1979 de 26 de setembro (LOXP) cando se pode falar de verdadeiros centros de rehabilitación social e centros psiquiátricos.

Realidade actual

silhuoette of a person
Photo by Zachary DeBottis on Pexels.com

Mais, se nos cinguimos ao día de hoxe, a realidade bate de fronte con que en España só hai dous centros psiquiátricos penitenciarios.

Estos atópanse sobresaturados a pesar do gran traballo que realizan os equipos multidisciplinares que neles realizan as súas labores e tamén a pesares dos esforzos por crear diferentes programas que foron creados para o tratamento dos enfermos mentais nos centros psiquiátricos penitenciarios.

Coma o Grupo de Traballo Sobre Saúde Mental en Prisións, o Programa de Atención Integral a Enfermos Mentais coñecido como PAIEM ou o Programa Ponte de Mediación Social).

Asemade, o único problema non é só o escasísimo número de centros que hai no noso país, se non tamén que no momento en que o xuíz ou xuíza toma a decisión de destinar ao culpable a unha cárcere en vez de a un psiquiátrico penitenciario, comeza o desvío deica o cumprimento da finalidade recollida no artigo 25.2 da Constitución Española “As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas hacia a reeducación e reinserción social”.

E o motivo de dito desvío é claro: unha cárcere non ten nin o equipo, nin o entorno, nin os medios necesarios e concretos que requiren as necesidades especiais dun enfermo mental.

Ata que punto pode influir a incorrecta derivación dun enaxenado mental a un centro penitenciario?

Pensemos nunha persoa que goza de plena saúde mental, en todo o que lle afecta estar no cárcere e en como pode cambiala. Peor será nalguén que non entende ou que lle custa entender o que ocorre ao seu redor, ou non sabe por que está alí e non recibe a axuda de profesionais axeitados.

A modo de peche, e deixando a un marxe a clara e urxente necesidade de máis centro psiquiátricos penitenciarios, como avogada considero que debemos conseguir que nun proceso se aplique o artigo 381 LACrim ou o 60 CP e que se diagnostique correctamente a enfermidade mental, debendo así buscar inmediatamente solución ás necesidades específicas do enaxenado e axudando a cumprir o fin óptimo da medida que defendemos: a reeducación e a reinserción social da persoa á cal fai referencia o artigo 25 da Constitución Española.

Creación:

Beatriz Ferradás Castro.Ver más.

No hay comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *