Psiquiatría e saúde mental

Cando falamos de psiquiatría o primeiro que se nos pode vir á cabeza é o termo saúde mental.

A saúde mental foi definida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como «un estado de benestar no cal o individuo é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución á súa comunidade».

Así mesmo, a Declaración Europea da Saúde Mental, entre as súas prioridades cita a de «concienciar da importancia do benestar mental» xa que «(…) non hai saúde sen saúde mental».

Polo tanto temos que aquela persoa á cal non lle poidamos atribuir estas definicións probablemente padeza unha enfermidade ou trastorno mental, o que deriva que no ámbito legal e concretamente penitenciario, precisará un tratamento que se axuste ás concretas necesidades destas persoas.

Enaxenación mental na LACrim

Na actual Lei de Axuízamento Criminal (LACrim) a enaxenación mental aparece recollida no artigo 381 que será de aplicación cando se saiba da existencia da enfermidade mental durante o proceso, e aplicarase o artigo 60 do Código Penal (CP) se dita anomalía se encontra despois de ditarse sentenza firme ou incluso cando o reo se atopa cumprindo condea.

Nembargantes, a enaxenación como causa eximente da responsabilidade aparece xa recollida nos Códigos Penais de 1822 (art. 26), 1848 (art. 8.1) e de 1870 (art. 8.1).

A pesar de estar xa nos códigos de antaño, o sistema penitenciario español caracterizouse sempre polo desinterese administrativo da existencia de establecementos propios para reclusos con enfermidades mentais.

Non será ata a promulgación da Lei Orgánica 1/1979 de 26 de setembro (LOXP) cando se pode falar de verdadeiros centros de rehabilitación social e centros psiquiátricos.

Realidade actual

Photo by Zachary DeBottis on Pexels.com

Mais, se nos cinguimos ao día de hoxe, a realidade bate de fronte con que en España só hai dous centros psiquiátricos penitenciarios.

Estos atópanse sobresaturados a pesar do gran traballo que realizan os equipos multidisciplinares que neles realizan as súas labores e tamén a pesares dos esforzos por crear diferentes programas que foron creados para o tratamento dos enfermos mentais nos centros psiquiátricos penitenciarios.

Coma o Grupo de Traballo Sobre Saúde Mental en Prisións, o Programa de Atención Integral a Enfermos Mentais coñecido como PAIEM ou o Programa Ponte de Mediación Social).

Asemade, o único problema non é só o escasísimo número de centros que hai no noso país, se non tamén que no momento en que o xuíz ou xuíza toma a decisión de destinar ao culpable a unha cárcere en vez de a un psiquiátrico penitenciario, comeza o desvío deica o cumprimento da finalidade recollida no artigo 25.2 da Constitución Española «As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas hacia a reeducación e reinserción social».

E o motivo de dito desvío é claro: unha cárcere non ten nin o equipo, nin o entorno, nin os medios necesarios e concretos que requiren as necesidades especiais dun enfermo mental.

Ata que punto pode influir a incorrecta derivación dun enaxenado mental a un centro penitenciario?

Pensemos nunha persoa que goza de plena saúde mental, en todo o que lle afecta estar no cárcere e en como pode cambiala. Peor será nalguén que non entende ou que lle custa entender o que ocorre ao seu redor, ou non sabe por que está alí e non recibe a axuda de profesionais axeitados.

A modo de peche, e deixando a un marxe a clara e urxente necesidade de máis centro psiquiátricos penitenciarios, como avogada considero que debemos conseguir que nun proceso se aplique o artigo 381 LACrim ou o 60 CP e que se diagnostique correctamente a enfermidade mental, debendo así buscar inmediatamente solución ás necesidades específicas do enaxenado e axudando a cumprir o fin óptimo da medida que defendemos: a reeducación e a reinserción social da persoa á cal fai referencia o artigo 25 da Constitución Española.

Creación:

Beatriz Ferradás Castro.Ver más.

close

Hola, 👋 si no quieres perderte las últimas publis en el blog y todo el contenido adicional que podemos ofrecerte cada semana...👇

Regístrate aquí para recibir este contenido en tu bandeja de entrada todos los lunes a las 10:00 (sin SPAM, prometido).

Enviando este formulario aceptas nuestra política de privacidad . Léela aquí para obtener más información.

close

TIENES UN REGALO AQUÍ

🎁

De la mano de Bárbara Gómez Antich, te ofrecemos GRATIS la guía para superar con éxito tu primer juicio penal.

En esta guía, Bárbara te da las claves para el que será tu primer juicio penal, para que puedas aplicarlos de forma práctica en tu ejercicio profesional.

Regístrate para recibir la guía gratuita con las claves para superar tu primer juicio penal.

Enviando este formulario estás aceptando nuestra política de privacidad y uso de datos. ¡No hacemos spam! Lee nuestra política de privacidad para obtener más información.

No hay comentarios

Deja una respuesta

Ayuda
o escanea el código