A Lei 1/1993 de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade foi a primeira que deu resposta ante a falta de lexislación sobre a defensa dos animais.

O seu obxectivo era darlles amparo e salvagarda a través da regulación das mínimas atencións hixiénico-sanitarias, o establecemento de obrigacións para os propietarios, albergues ou instalacións para o seu mantemento temporal, e aquelas outras cuestións que puidesen garantir uns mínimos de bo trato animal.

Co paso do tempo, a xente foi tomando máis conciencia e expoñen a o seu rexeitamento ante o maltrato que padecían os animais o cal propiciu ao desenrolo da Lei 8/2014 que modifica á anterior.

Que animais se inclúen e cales se exclúen nesta lei?

Segundo o artigo un, inclúense os animais de compañía engadindo aos silvestres en cautividade.

Pola contra, serán excluidos os citados no segundo artigo, que son:

  • Familia dos équidos
  • Os empregados en calquera espectáculo taurino, inclusive encerros.
  • Animais silvestres no medio natural
  • Os empregados para experimentación ou outros fins científicos.

Que se considera maltrato?

Photo by Samson Katt on Pexels.com

O artigo catro defíneo como «calquera conducta que ocasione directa ou indirectamente ao animal dor, sufrimentos ou danos evitables, tanto físicos como psíquicos, ou a morte, sexa por acción ou omisión dolosa ou neglixente».

Resulta importante facer fincapé en que non só trata o maltrato físico senón tamén o psíquico, que durante moito tempo estivo olvidado a pesar de ser tan importante como as secuelas que se observan a simple vista. Este tipo de maltratos provocan nos animais cambios de conducta importante tales como desconfianza, agresividade ou depresión.

Competencias dos Concellos.

O deber de cooperar nas medidas de defensa e protección dos animais ao igual que o de denunciar aqueles actos que infrinxan a presente lei, corresponde a todas as Administracións Públicas de Galicia, incidindo en que no eido autonómico a consellería competente en materia de protección animal será a que se encargue da aplicación lexislativa.

Mais, serán os alcaldes e alcaldesas de cada concello os que teñen a responsabilidade suprema de aplicar a presente lei nos territorios que gobernen, velando polo seu correcto cumplimento.

Abandono

Os animais abandonados son definidos pola propia Lei como aqueles » (…) extraviados, cuxa persoa propietaria fose descoñecida ou non resultara posible a súa localización nos plazos legalmente establecidos tras o correspondente requerimento (…). Terá igualmente o carácter de abandonado aquel animal que non fora retirado pola persoa propietaria do mesmo de calquera centro ou recollida».

Cando un animal abandonado é recollido, procederase a mirar se está identificado. De ser así, haberá un prazo de 48 horas dende a súa recollida para poñerse en coñecemento do propietario/a a situación do seu animal. Este terá doce días en total para recurperar ao animal (pagando todos os gastos que supuxera).

Se se da a situación de que non recollan ao animal o centro de recollida poñerá o caso en coñecementos da consellería competente que abrirá o correspondente expedinte sancionador e o animal considerarase abandonado, pasando a ser adoptable.

No caso de que non esté identificado e non se atopase aos donos, pasará a ter automaticamente a consideración de animal abandonado podendo ser adoptado.

Rexistros

Ao largo da lei podemos citar catro tipos de rexistros diferentes que cumplen a súa concreta función:

Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz):

Un núcleo zoolóxico é un conxunto formado polo establecemento ou recinto de animais de compañía, tanto de titularidade pública como privada, e a colección zoolóxica que alberga (definición dada polo artigo 4 da Lei). Polo tanto, como é obvio, neste rexistro incluiranse os núcleos que haxa en Galicia.

Rexistro Galego de Identificación de animais de compañía (Regiac):

Recolle información acerca das mascotas que foron identificadas mediante un chip polos seus propietarios.

Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía:  

Permite o seguimento, censo, protección e supervisión das actividades das asociacións. Asemade, permite que exista unha relación máis fluida entre as asociacións e a administración para poder prestar un servizo máis achegado.

Rexistro de Entidades de Carácter Medioambiental da Comunidade Autónoma de Galicia:

Vai dirixido ás asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro cuxo fin principal é o estudio, conservación, promoción e/ou defensa dos recursos naturais e do medio ambiente sempre e cando o seu ámbito de actuación esté comprendido en Galicia.

Comité Consultivo para a Protección Animal

Recollido no artigo 31 da presente Lei, defínese como un órgano de consulta e asesoramento cuxo obxectivo será o estudio e proposta das accións de loita contra o maltrato animal e o abandono destos.

Ten dúas funcións principais:

– Emitir informes e dictámenes, así como realizar os estudos que lle solicite a consellería competente en materia de protección animal.

– Promover estudos de planificación e coordinación nesta materia.

Photo by Samson Katt on Pexels.com

Animais potencialmente perigosos.

Que é un animal potencialmente perigoso?

Na Lei 50/1999 sobre o Réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos (en adiante pp.) defíneos como «os pertencentes á especia canina, incluidos dentro dunha tipoloxía racial, que polo seu carácter agresivo, tamaño ou potencia da mandíbula teñan capacidade de causar a morte ou lesións (…)».

A Lei 4/2017 de Protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, considera animais pp. «aqueles animais de compañía (…) que, con independencia da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertenzan, poden causar a morte ou provocar lesións ás persoas ou a outros animais, ou producir danos de certa entidade ás cousas».

Exemplos de razas de cans pp.: pitbull terrier, mastín napolitano, tosa inu e akita inu, rottweiler, presa canario, dogo arxentino ou bullmastif.⁣
E a mesma lei engade que tamén serán animais pp:⁣

  • Cans adestrados para garda e defensa (fóra dos exemplos anteriores)⁣
  • Cans que tiveron algún episodio de agresións ou con carácter agresivo.⁣

Que documentos precisamos?

  • Licencia administrativa outorgada polo concello correspondente.⁣
  • Inscripción no Rexistro Municipal de Animais PP.⁣

Que reponsabilidades teño como propietaria/o?

– Non podemos deixarlle o noso can a outra persoa para que o conduza ou controle a menos que teña a licencia administrativa.⁣

– Se morde a outro seremos responsables de que sexa sometido a recoñecemento de veterinario/a.⁣

– Terán que ir con bozal adaptado á raza e homologado así como con correa non extensible de menos de dous metros.⁣

– Esterilización, tendo que comunicala ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañia (REGIAC).⁣

Transporte

Para o transporte de animais de compañía, haberá que adaptarse a cada especie en canto a espacio, dimensión e requisitos hixiénico-sanitarios adecuados. Durante o tempo que dure o traxecto deberán ser alimentados e abrevados segundo necesiten.

Non se levará ningún animal no maleteiro totalmente pechados e sen ventilación, ao igual que está prohibido levalos atados aos vehículos de motor en marcha.

Identificación

Concretamente os cans, nos tres primeiros meses de vida e, en todo caso, antes de ser obxecto de transmisión, terán que ser identificados, ao igual que os animais potencialmente perigosos sen excepcións.

Unha vez identificados procederase á súa inscripción no REGIAC salvo aqueles animais que proveñan doutra parte do Estado e vaian a estar en Galicia menos de tres meses.

Eutanasia

Photo by Ricardo Ortiz on Pexels.com

Traducida do grego como «boa morte» e recollida no artigo 15 da presente lei, só se poderá realizar a un animal de compañía se é prescrita e realizada por facultativo veterinario, tendo que aplicarse primeiro a sedación cando o manexo do animal poida supoñerlle estrés ou sufrimento adicional.

Os métodos que se utilicen provocarán unha perda de consciencia inmediata e o mínimo sufrimento posible. Nembargantes, en situacións de emerxencia e/ou perigosidade xustificadas as consellerías competentes poderán establecer outros métodos para practicar a eutanasia.

En canto aos centros de recollida ou fogares de acollida, non poderá provocarse a morte destos salvo que así o prescriba un profesional veterinario.

Inspección dun lugar cando hai indicios de maltrato

A Administración xeral de Galicia a través da consellería competente en materia de protección animal, sen perxuízo das competencias específicas en materia de sanidade animal atribuida á consellería correspondente e das atribuibles aos concellos dentro do seu ámbito territotial, será a encargada da inspección, control e vixilancia superior do cumprimento da Lei.

Un axente da autoridade que será persoal funcionario acreditado pola consellería correspondente, será o encargado de realizar as funcións de inspección que consistirá na realización de exames, controis, toma de mostras, recollida de información e acceso aos lugares, espacios e instalacións onde se encontren os animais. Non terá que avisar previamente pero si que se deberá identificar.

Infraccións administrativas. Tipos e cuantía

O Título VIII da presente lei dedícase á potestade sancionadora, comezando no artigo 36 e seguintes polas infraccións administrativas que se dividen en:

  • Leves: por exemplo, regalo de animais de compañía como recompensa ou premio en eventos ou atraccións públicas, ou non facilitar aos animais a alimentación e bebida suficientes e adecuadas ás súas necesidades.
  • Graves: por exemplo, a non identificación dos animais cando fora obligatoria, utilización de mecanismos destinados a limitar ou impedir a movilidade dos animais que lle produzan dor, danos, sufrimento, menoscabo ou estrés innecesario ou a utilización dos animais en traballos que os inmovilicen causándolles dor.
  • Moi graves: por exemplo, a organización e celebración de pelexas, festas, espectáculos ou calesqueira outras actividades que leven consigo malos tratos, crueldade ou sufrimento ou educar aos animais de forma agresiva, estresante ou violenta.

En canto ao artigo 41 e seguintes, récollense ás sancións aplicables ás anteriores infraccións:

  • Leves: apercibimento ou sanción económica de 100 a 500 euros
  • Graves: multas de 501 a 5.000 euros
  • Moi graves: multas de 5.001 a 30.000 euros

Estes límites poderanse superar cando, a consecuencia da infracción, a persoa obtivera un beneficio cuantificable.

Os ingresos que se obteñen destas sancións deben ser destinados a actuacións que teñan por obxecto o fomento da protección dos animais.

Outras consecuencias das sancións

Ademais das multas anteriormente citadas, tamén se poderá impoñer:

  • Decomiso dos animais: en caso de infraccións graves ou moi graves.
  • Cerre dos establecementos: de un a cinco anos en caso de infraccións graves e de cinco a dez ou definitivo para as moi graves.
  • Prohibición temporal do exercicio dalgunha das actividades reguladas pola presente lei: entre un e cinco anos para as infraccións graves, e de cinco a dez anos ou definitiva para as moi graves.
  • Prohibición de posesión de animais de compañía: entre un e cinco anos para as infraccións graves e de cinco a dez anos para as moi graves.
  • Perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas en materia de protección animal: entre un e cinco anos para as infraccións graves e de cinco ata dez anos ou definitivamente para as moi graves.
  • Retirada do recoñecemento como entidade colaboradora: por infraccións graves ou moi graves.
  • Baixa nos rexistros citados anteriormente.
  • Revocación ou retirada das licencias, acreditacións ou autorizacións que outorga a presente lei: por infraccións graves ou moi graves.

A modo de apuntamento, tamén se regulan as medidas provisionais tanto con carácter previo á incoación do procedemento como durante a súa tramitación.

En canto ao procedemento sancionador, tramitarase de conformidade coa lexislación do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Beatriz Ferradás Castro

Abogada

No hay comentarios

Deja una respuesta