Saltar al contenido

ACOSO INMOBILIARIO

29/06/2021
Índice

Qué é o acoso inmobiliario?

Tamén chamado mobbing inmobiliario e recollido no artigo 173.1 do Código Penal, defínese coma o impedimento de que o inquilino desfrute libremente da vivenda.

Artigo173.1 CP: «𝘐𝘮𝘱𝘰ñ𝘦𝘳𝘢𝘴𝘦 𝘵𝘢𝘮é𝘯 𝘢 𝘮𝘦𝘴𝘮𝘢 𝘱𝘦𝘯𝘢 (prisión de 6 meses a dous anos) 𝘢𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘥𝘦 𝘧𝘰𝘳𝘮𝘢 𝘳𝘦𝘪𝘵𝘦𝘳𝘢𝘥𝘢 𝘭𝘦𝘷𝘦 𝘢 𝘤𝘢𝘣𝘰 𝘢𝘤𝘵𝘰𝘴 𝘩𝘰𝘴𝘵í𝘴 𝘰𝘶 𝘩𝘶𝘮𝘪𝘭𝘭𝘢𝘯𝘵𝘦𝘴 𝘲𝘶𝘦, 𝘴𝘦𝘯 𝘤𝘩𝘦𝘨𝘢𝘳 𝘢 𝘤𝘰𝘯𝘴𝘵𝘪𝘵𝘶𝘪𝘳 𝘵𝘳𝘢𝘵𝘰 𝘥𝘦𝘨𝘳𝘢𝘥𝘢𝘯𝘵𝘦, 𝘵𝘦ñ𝘢𝘯 𝘱𝘰𝘳 𝘰𝘣𝘹𝘦𝘤𝘵𝘰 𝘪𝘮𝘱𝘦𝘥𝘪𝘳 𝘰 𝘭𝘦𝘹í𝘵𝘪𝘮𝘰 𝘥𝘦𝘴𝘧𝘳𝘶𝘵𝘦 𝘥𝘢 𝘷𝘪𝘷𝘦𝘯𝘥𝘢».⁣

Este tipo de delito baséase nas presións exercidas por parte dos arrendadores sobre os arrendatarios, posuidores ou propietarios dunha vivenda para que aqueles se vaian desta. En moitas ocasións atopámonos con que as vítimas son persoas de idade avanzada que viven en inmobles de renda antiga cuxos alugueres teñen un prezo moi baixo.

Mais non só se ten por que dar sobre unha vivenda en concreto, senón que tamén pode producirse contra un edificio ou un bloque.

Qué tipo de delito é?

⁣Trátase dun 𝐝𝐞𝐥𝐢𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐠𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐦𝐨𝐫𝐚𝐥 xa que esta é menoscabada de forma grave. Utilízanse coaccións psicolóxicas, tratos degradantes, averías que non amañan, cortes de luz, esixir gastos non pactados, negativa a recibir a renda, non encargarse da hixiene do edificio, etc. Todo acto que perturbe a tranquilidade no fogar e impida o lexítimo desfrute da vivenda.

OLLO! Non teñen que ser os arrendadores os que exerzan este tipo de acoso pode ser por parte dunha empresa que quere construír algo nesa zona, por exemplo.

Que podemos facer ante o acoso inmobiliario?

O primeiro que faremos será intentar falar con quen nos causa eses prexuízos, sendo mellor facelo por vías nas que quede recollida a conversación (correo electrónico, whatsapp, mensaxes, etc.). Nembargantes, unha vez unha vez que queiramos facelo máis formal, deberemos enviarlle un burofax con acuse de recibo e certificado de contido, no que solicitemos que a denigrante situación pare e que se restablezan as condicións que foron fixadas no contrato.

Unha vez que realizamos este aviso e non observemos cambios no comportamento, deberemos pasar á vía xudicial.

A que rama do dereito podemos acudir?

A pesares de que poida parecer o máis lóxico ou xusto, se sofres esta situación sendo inquilino, 𝐍𝐎𝐍 deben deixar de pagar a renda.

Beatriz Ferradás Castro
Beatriz Ferradás Castro

Avogada xeralista

INSTAGRAM

Si no quieres perderte las últimas publicaciones en el blog y nuestra nueva carta con contenido inédito sobre emprendimiento jurídico digital…

Regístrate aquí para recibir este contenido en tu bandeja de entrada todas las semanas (sin SPAM, prometido).

PROTECCIÓN DE DATOS: De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: Sara Calvo Silva. Fines del tratamiento: envío de comunicaciones de productos o servicios. Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición. Más información del tratamiento en la Política de privacidad