Qué é o acoso inmobiliario?
Tamén chamado mobbing inmobiliario e recollido no artigo 173.1 do Código Penal, defínese coma o impedimento de que o inquilino desfrute libremente da vivenda.
Artigo173.1 CP: «𝘐𝘮𝘱𝘰ñ𝘦𝘳𝘢𝘴𝘦 𝘵𝘢𝘮é𝘯 𝘢 𝘮𝘦𝘴𝘮𝘢 𝘱𝘦𝘯𝘢 (prisión de 6 meses a dous anos) 𝘢𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘥𝘦 𝘧𝘰𝘳𝘮𝘢 𝘳𝘦𝘪𝘵𝘦𝘳𝘢𝘥𝘢 𝘭𝘦𝘷𝘦 𝘢 𝘤𝘢𝘣𝘰 𝘢𝘤𝘵𝘰𝘴 𝘩𝘰𝘴𝘵í𝘴 𝘰𝘶 𝘩𝘶𝘮𝘪𝘭𝘭𝘢𝘯𝘵𝘦𝘴 𝘲𝘶𝘦, 𝘴𝘦𝘯 𝘤𝘩𝘦𝘨𝘢𝘳 𝘢 𝘤𝘰𝘯𝘴𝘵𝘪𝘵𝘶𝘪𝘳 𝘵𝘳𝘢𝘵𝘰 𝘥𝘦𝘨𝘳𝘢𝘥𝘢𝘯𝘵𝘦, 𝘵𝘦ñ𝘢𝘯 𝘱𝘰𝘳 𝘰𝘣𝘹𝘦𝘤𝘵𝘰 𝘪𝘮𝘱𝘦𝘥𝘪𝘳 𝘰 𝘭𝘦𝘹í𝘵𝘪𝘮𝘰 𝘥𝘦𝘴𝘧𝘳𝘶𝘵𝘦 𝘥𝘢 𝘷𝘪𝘷𝘦𝘯𝘥𝘢».
Este tipo de delito baséase nas presións exercidas por parte dos arrendadores sobre os arrendatarios, posuidores ou propietarios dunha vivenda para que aqueles se vaian desta. En moitas ocasións atopámonos con que as vítimas son persoas de idade avanzada que viven en inmobles de renda antiga cuxos alugueres teñen un prezo moi baixo.
Mais non só se ten por que dar sobre unha vivenda en concreto, senón que tamén pode producirse contra un edificio ou un bloque.
Qué tipo de delito é?
Trátase dun 𝐝𝐞𝐥𝐢𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐠𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐦𝐨𝐫𝐚𝐥 xa que esta é menoscabada de forma grave. Utilízanse coaccións psicolóxicas, tratos degradantes, averías que non amañan, cortes de luz, esixir gastos non pactados, negativa a recibir a renda, non encargarse da hixiene do edificio, etc. Todo acto que perturbe a tranquilidade no fogar e impida o lexítimo desfrute da vivenda.
OLLO! Non teñen que ser os arrendadores os que exerzan este tipo de acoso pode ser por parte dunha empresa que quere construír algo nesa zona, por exemplo.
Que podemos facer ante o acoso inmobiliario?
O primeiro que faremos será intentar falar con quen nos causa eses prexuízos, sendo mellor facelo por vías nas que quede recollida a conversación (correo electrónico, whatsapp, mensaxes, etc.). Nembargantes, unha vez unha vez que queiramos facelo máis formal, deberemos enviarlle un burofax con acuse de recibo e certificado de contido, no que solicitemos que a denigrante situación pare e que se restablezan as condicións que foron fixadas no contrato.
Unha vez que realizamos este aviso e non observemos cambios no comportamento, deberemos pasar á vía xudicial.
A que rama do dereito podemos acudir?
- 𝐂𝐈𝐕𝐈𝐋: era a máis usada ata que no ano 2010 coa reforma do Código Penal se tipificou este delito.
- 𝐏𝐄𝐍𝐀𝐋: acudiremos a ela cando os feitos sexan graves e/ou reiterados.
- 𝐀𝐃𝐌𝐈𝐍𝐈𝐒𝐓𝐑𝐀𝐓𝐈𝐕𝐀: «𝘌𝘭 𝘈𝘺𝘶𝘯𝘵𝘢𝘮𝘪𝘦𝘯𝘵𝘰 𝘥𝘦 𝘉𝘢𝘳𝘤𝘦𝘭𝘰𝘯𝘢 𝘩𝘢 𝘢𝘯𝘶𝘯𝘤𝘪𝘢𝘥𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘭𝘭𝘦𝘷𝘢𝘳á 𝘢 𝘍𝘪𝘴𝘤𝘢𝘭í𝘢 𝘦𝘭 𝘱𝘳𝘪𝘮𝘦𝘳 𝘤𝘢𝘴𝘰 𝘥𝘦 𝘢𝘤𝘰𝘴𝘰 𝘪𝘯𝘮𝘰𝘣𝘪𝘭𝘪𝘢𝘳𝘪𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘩𝘢 𝘪𝘯𝘴𝘵𝘳𝘶𝘪𝘥𝘰 𝘱𝘰𝘳 𝘷í𝘢 𝘢𝘥𝘮𝘪𝘯𝘪𝘴𝘵𝘳𝘢𝘵𝘪𝘷𝘢».
Será importante presentar 𝐏𝐑𝐎𝐁𝐀𝐒, todas aquelas que se teñan como por exemplo: intentos de pagos de aluguer, mensaxes, informes periciais, copia do burofax e incluso testemuñas.
A pesares de que poida parecer o máis lóxico ou xusto, se sofres esta situación sendo inquilino, 𝐍𝐎𝐍 deben deixar de pagar a renda.